Pazo de Tor (Monforte de Lemos) 24 de novembro de 2015
20 h.
Este concerto realízase no pazo de Tor coa fin de recrear as reunións musicais que se facían na casa da familia do escritor Marcial Valladares, nas que se tocaban músicas de corte culto, canda composicións propias dos membros da familia, e outras de carácter máis popular, que se atopan aínda no arquivo familiar da casa Grande de Vilancosta, na Estrada. Estas reunións musicais eran, por outra banda, algo moi común nesa altura en moitas casas burguesas, o que dará unha visión diferente e descoñecida do contexto musical na Galiza do XIX.
Sobre o arquivo e a música nel contida, fará unha pequena introdución Jose Luís Dopico, que foi, xunto con Isabel Rei, o que promoveu a organización de dito arquivo e a súa transcrición.
Haberá unha introdución do profesor de música André Díaz Pazos sobre os interesantes instrumentos musicais que se conservan no salón do pazo.
Contaremos con:
Isabel Rei Samartim: guitarra clásica
José Luís Dopico Orjais: cavaquinho e percusións
Helena de Alfonso: voz
Alonxo Caxade: frauta e gaita