Estatutos Capitulo IV

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

 

Artigo 28º.- A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de 100 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

 

Artigo 29º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro/a da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

 

Artigo 30º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:

1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.

2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.

3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 

Artigo 31º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación.

 

Artigo 32º.- Anualmente, con referencia ao ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarnunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

 

Artigo 33º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente/a e do tesoureiro/a.

 

Artigo 34º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

Próximos actos

  • Visita para ver a obra de Eloy Maquieira en Lugo guiada por Ángeles Porto Porto +

    Día 21, sábado ás 11 horas Visita para ver a obra de Eloy Maquieira en Lugo guiada por Ángeles Porto Ler Máis
  • Conferencia de Xoán Carmona Badía sobre o “Estado actual do Patrimonio Industrial en Galicia” +

    Día 10, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xoán Carmona Badía sobre o “Estado Ler Máis
  • Viaxe para ver o centro de interpretación das minas de volframio de San Finx de Lousame e a central hidroeléctrica do Tambre +

    Día 21 sábado Viaxe para ver o centro de interpretación das minas de volframio de San Finx de Lousame e Ler Máis
  • 1

O RAMO

ACCESO