CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 6º.- 1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tras o acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que señan maiores de idade, sensíbeis aos fins da asociación e non esteñan incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
3.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notábel ao desenvolvemento dos fins da asociación.
d) Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
Artigo 8º.- 1.- A condición de asociado pérdese:
1. Por vontade propia.
2. Por falta de pagamento de 4 cotas.
3. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
4. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria
Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios e xuvenís non intervirán na dirección da asociación nen nos órganos de representación desta. Os asociados honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Pagar as cotas que se establezan.
3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acatar o contido dos estatutos.