Estatutos Capitulo VI

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 36º.- Os estatutos da asociación só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

 

Artigo 37º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

 

Artigo 38º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 

Artigo 39º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

 

En Lugo, a 4 de Abril do 2006

Próximos actos

  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander” +

    O próximo día 8 de setembro, martes, ás 19 horas no Salón de actos do Vello Cárcere, conferencia de José… Ler Máis
  • Viaxe a Santander e Comillas. +

    Días, 16, 17, 18 e 19  Viaxe a Santander e Comillas. Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 24 de outubro, sábado, para ver San Pedro de Rocas +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros… Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros de Galicia”. +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros… Ler Máis
  • 1

O RAMO

ACCESO