Sábado, 30 Mai 2015 00:00

30 de maio: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar

30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado more info novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de  Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.

Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.

Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Próximos actos

  • Días 23, 24 e 25 Viaxe a Chaves e Braga. +

    Días 23, 24 e 25 Viaxe a Chaves e Braga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “A escravitude no mundo romano”. +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “A Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

ACCESO