Imprimir ésta páxina
Luns, 17 Mai 2010 13:10

O escritor Lois Diéguez comentará o 18 de maio diversas imaxes sobre “Exipto: rostros e paisaxes”

 

O 18 de maio, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial, o escritor e presidente  de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, comenta diversas imaxes dixitalizadas que levan por título Exipto: rostros e paisaxes.

Estas imaxes corresponden á viaxe que a asociación realizou no mes de febreiro a Exipto e servirán para, a través delas, ter un coñecemento básico dese país nos aspectos históricos, económicos, culturais e sociais. Servirán tamén para ir relatando a viaxe ao xeito de caderno de notas.

Ao final das proxeccións, entregarase aos que fixeron a viaxe devandita, o poema A Nubia, da autoría do propio conferenciante e que vai ilustrado polo pintor Felipe Senén.

A entrada é libre.

Lugo, 17 de maio do 2009