Artigos filtrados por data: Decembro 2017
Mércores, 27 Decembro 2017 07:09

ACTIVIDADES PARA O 1º TRIMESTRE DE 2018

XANEIRO

Día 16 de xaneiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Xosé Manuel González Reboredo, etnógrafo, sobre "Un patrimonio etnográfico importante: os oficios ambulantes en Galicia e terras veciñas do noroeste".

De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 20 de xaneiro, sábado, a Ourense para visitar á Casa das Rodas do escultor Florencio de Arboiro e a exposición In tempore sueborum.

Día 20 de xaneiro, sábado

Viaxe a Arboiro  e Pobra de Trives (Ourense).

Saída ás 9 horas.

Visita á Casa das Rodas de Florencio de Arboiro, museo etnográfico sobre os catro oficios ambulantes: capador, afiador, barquilleiro e quincalleiro. Visita en Ourense da exposición In tempore sueborum, sobre o reino suevo.

 

Mércores, 27 Decembro 2017 07:07

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por acordo da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 16 de decembro de 2017,  convócase Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 16 de xaneiro, martes, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, no salón da Deputación Provincial, Praza de San Marcos, coa seguinte

Orde do día

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2. Toma de acordo sobre a integración na Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, de acordo co previsto no Artigo 21, 3 dos Estatutos.

                                                              Lugo, 18 de decembro de 2017

                                                              Adolfo de Abel Vilela

                                                              Presidente

Mércores, 27 Decembro 2017 07:02

FESTA DOS SOCIOS

Como ven sendo habitual, o 16 de decembro celebrou a Asociación a Festa dos Socios coa que se da remate ás actividades do ano. Celebrouse na Fortaleza, en Conturiz (Lugo), e asistiron medio cento de asociados.
Previamente celebrouse a Asemblea Ordinaria na Galería Sargadelos para aprobar as contas e o plan de actividades para o ano 2018, no que haberá dous ciclos, un dedicado ao Mudéxar e outro aos Pazos. Completase o programa con dúas conferencias e dúas viaxes sobre etnografía e outras dúas dedicada ás Irmandades da Fala con motivo do centenario do Manifesto de Lugo.

Sábado, 16 Decembro 2017 11:00

Visita ao Museo da Catedral de Lugo

Día 16 de decembro, sábado

ás 11 horas

Visita ao Museo da Catedral de Lugo

Sábado, 16 Decembro 2017 00:00

Festa anual dos socios.

Día 16 de decembro, sábado

Festa anual dos socios, na Casa da Fortaleza (Torre de Núñez), en Conturiz. Ese día celebraremos a asemblea anual ás 10,30 horas na Galería Sargadelos e ás 12 horas visitaremos o novo Museo da Catedral. Teremos un autobús para que nos leve.

Os que queiran apuntarse poden facelo escribindo un correo antes do día 30 deste mes. Se non reunimos un mínimo de 35 participantes non podemos facer a festa polo custo, pero si as outras actividades. Mandaremos por correo a convocatoria da Asemblea. O prezo é de 35 €.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Historia da Arte pola USC e Director Técnico-Conservador do Museo da Catedral de Santiago, "Recuperando a fachada occidental da catedral de Santiago" +

    Día 15 de xaneiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 23 de febreiro, sábado, a Santiago de Compostela para ver o Pórtico da Gloria +

    Día 15 de xaneiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial De 19 e 20 h. anotacións Ler Máis
  • Conferencia de Manuel Antonio Castiñeiras González, profesor da Universidade de Barcelona, sobre "Pórtico da Gloria desde a perspectiva da Historia da arte" +

    Día 24 de xaneiro, xoves ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Manuel Antonio Castiñeiras González, Ler Máis
  • Conferencia de Miguel Tain Guzmán, catedrático de Historia da Arte da USC, que falará sobre "A historicidade das cinco policromías do Pórtico da Gloria" +

    Día 12 de febreiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Miguel Tain Guzmán, catedrático Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para ver o Pórtico da Gloria +

    Día 23 de febreiro, sábado Viaxe a Santiago Para ver o Pórtico da Gloria Saída ás 8,30 horas Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO