Imprimir ésta páxina
Venres, 09 Outubro 2009 15:36

Óscar López Mendaña

Óscar López MendañaÓscar López Mendaña (Astorga, 1968). Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na especialidade de Orientación Escolar (Uned 2002). Posúe unha ampla experiencia no campo educativo e sociocultural. Sacerdote ó longo de 10 anos, (Licenciado en Estudios Eclesiásticos, Facultade de Burgos 1992), chegou a Galiza no ano 1994 desenvolvendo traballos docentes no Colexio Pablo VI da Rúa de Valdeorras (Ourense) e o C.E.I.P. Bibei (Viana do Bolo).

Hai sete anos abandonou o sacerdocio e dende entón compaxina o seu traballo profesional como asesor de empresas e axente de seguros coa súa paixón: a animación sociocultural. Educador Social, colexiado no Ilustre Colexio de Educadores Sociais de A Coruña e Ourense, Experto Universitario en Animación Sociocultural (Uned ) e Animador Sociocultural (Universidade Pontificia de Salamanca) traballa profesionalmente neste ámbito de maneira autónoma ofrecendo servizos a concellos e asociacións culturais. Destacamos a súa etapa coma Delegado de Animación Sociocultural no Instituto de Estudios Valdeorreses (I.E.V. O Barco de Valdeorras) onde organizou dous Congresos Comarcais de Animación Sociocultural. O primeiro deles transformouse en libro (Caderno Monográfico nº 38.2001).

Autor de varios artigos e comunicacións, amén do libro reseñado, en revistas culturais, destaca polo seu amor polas tradicións galegas, especialmente da comarca de Viana do Bolo (Ourense), lugar da súa residencia dende hai dez anos. Na actualidade colabora de maneira continuada co Concello de Viana do Bolo onde desenvolve servizos de turismo e programación de actividades educativas, deportivas e socioculturais.

  • Libro: “I CONGRESO COMARCAL DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DEL I.E.V.”, Coordinador. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº38.2001 (150 páxinas).
  • Comunicación: “EL INSTITUTO DE ESTUDIOS VALDEORRESES Y LA CONMEMORACIÓN DEL DÍA DAS LETRAS GALEGAS” publicado no libro “IX Semana de Historia”, Instituto de Estudios Valdeorreses, Caderno Monográfico Nº35, 2001.
  • Comunicación: “EL ENTROIDO DE VIANA DO BOLO COMO ELEMENTO DE PROGRESO Y DESARROLLO”. X Semana de Historia del Instituto de Estudios Valdeorreses, abril de 2002
  • Artigo: ”EL ANIMADOR TURÍSTICO: UN NUEVO PERFIL PROFESIONAL EN EL MUNDO RURAL”, publicado en la revista PANORAMA Hostelero y Turístico, Año III, nº17, decembro/xaneiro de 2000