Artigos filtrados por data: Marzo 2017

 O día 24 de marzo de 2017, con motivo do centenario da morte do médico, escritor e poeta Jesús Rodríguez López, o presidente de Lugo Patrimonio, Adolfo de Abel Vilela, pronunciou una conferencia como homenaxe a este persoeiro lucense que tivo un protagonismo importante non só desde o punto de vista da súa profesión como pediatra y cirurxián, senón tamén na vida social, asociativa e cultural da cidade. O conferenciante fixo unha introdución de como era o Lugo de 1859, ano no que naceu, para pasar a falar do médico e publicista, destacando que viaxou a París cunha moza a que mordera un can para estudiar na clínica Pasteur o procedemento para curar a rabia, foi un precursor no uso dos antibióticos en Galicia, e o que primeiro utilizou na cidade o cloroformo para unha intervención cirúrxica.

Detívose tamén en explicar a censura que sufriu por parte do bispo Murúa do seu folleto Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia, que posteriormente daría lugar ao seu libro más coñecido Superticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, publicado en Madrid en 1910. Tamén da súa faceta como divulgador  educando para a saúde a través de artigos na prensa local. Destacou a súa faceta como escritor e poeta así como a súa etapa de concelleiro polo partido liberal. Finalmente referiuse a familia e aos amigos. Lugo Patrimonio solicitou ao Concello de Lugo a dedicatoria dunha rúa e que nas casas onde naceu, viviu e morreu, número 22 da rúa da Tinería, e no número 19 da rúa da Raíña, onde tivo a consulta, así como que se inclúa a visita ao seu enterramento no cemiterio de San Froilán nas visitas guiadas.
Ao acto asistiron os netos Jacobo, Jesús e Julián Guillén Rodríguez e Jesús Rodríguez Fernández coas súas donas.

 O 21 de marzo de 2017 o profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, fixo unha disertación sobre "A pintura renacentista en Galicia", analizando a través de imaxes a evolución da pintura mural ao longo do século XVI, ata culminar coas da capela de San pedro da catedral de Santiago, por ser as de maio calidade. Tamén se referiu á pintura sobre táboa, especialmente ado coñecido como Mestre de Sobrado, e ás murais recen restauradas do mosteiro cisterciense de Meira.

Día 24 de marzo, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia,  "Retrato do médico e escritor Xesús Rodríguez López nos 100 anos do seu pasamento".

Día 21 de marzo, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Juan Manuel Monterroso Montero, profesor de Historia da Arte da USC,  "A pintura renacentista en Galicia".

4 de marzo de 2017

Acompañados polo conferenciante Javier Raposo Martínez, comezamos ás 10.30h. na praza do Obradoiro diante da fachada do Hospital Real. Este edificio rexio merece un único e importante apartado pola súa ubicación e funcións, así como, polo traballo de diversos artistas casteláns, franceses e holandeses que chegan a Santiago da man da Corte.
Despois visitamos o claustro,  o salón mudéxar,  a igrexa e comentou a fachada do colexio de Santiago Alfeo ou Fonseca, matriz da futura Universidade de Santiago de Compostela  promovida polo arzobispo Fonseca III, xoga un papel fundamental coa influencia clara da maneira de compoñer " á salmantina". Pasamos a analizar as trazas dos mestres Juan de Álava e Rodrigo Gil de Hontañón na catedral compostelana.

Pola tarde, despois do xantar, trasladámonos diante da fachada da igrexa do mosteiro benedito de San Martín Pinario. Raposo centrouse na  igrexa, sacristía, claustros procesionais mailo impoñente oratorio de San Felipe Neri. Xunto a éste San Agustín e San Paio de Antealtares, onde tamén indagamos no nacemento da organización e decoración urbana renacentista en Santiago.
Rematamos cun paseo polas rúas do casco histórico pata botar unha ollada a varios edificios do ámbito civil. No noso tour pola cidade non podíamos deixar de lado outros exemplos de arquitectura vinculada a este estilo. Miramos detalladamente: os pazos (como o da rúa Tras Salomé), as escalinatas e reixas (como as da fachada do Obradoiro), as porterías de Hospitais como o de San Roque, o antigo edificio do Concello na praza do Campo, Pan ou Cervantes e os colexios de San Clemente de Pasantes, hoxe instituto Rosalía.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO