(Lugo, 1961). Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura            da Coruña na especialidade de Urbanismo. A súa obra escrita vai            desde varias colaboracións xornalistas sobre urbanismo e arquitectura            ao “Dicionario Visual da Construción” do que foi coordenador            e autor xunto con Antón Gómez Méixome. Desde 1990 tén            traballado, a través de numerosas obras de restauración en colaboración            con Jorge Salvador Fernández, no inmenso patrimonio edificado galego,            especialmente o lucense. Como premios que marcan esta traxectoria está            o concedido polo Colexio de Arquitectos na categoría de rehabilitación            para a obra “Intervención no conxunto de San Facundo de Ribas de            Miño” ou o ?primeiro premio no “Concurso de ideas para a            Rehabilitacion e Ampliacion do Seminario Diocesano de Lugo”, convocado            polo Bispado de Lugo en 1994. Desde o ano 2004, funda o gabinete de Arquitectura            e Urbanismo gAU xunto con Jorge Salvador Fernández, Manuel López            Guitar e Jorge Gómez Cereijo.