Artigos filtrados por data: Decembro 2017
Mércores, 27 Decembro 2017 07:09

ACTIVIDADES PARA O 1º TRIMESTRE DE 2018

XANEIRO

Día 16 de xaneiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Xosé Manuel González Reboredo, etnógrafo, sobre "Un patrimonio etnográfico importante: os oficios ambulantes en Galicia e terras veciñas do noroeste".

De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 20 de xaneiro, sábado, a Ourense para visitar á Casa das Rodas do escultor Florencio de Arboiro e a exposición In tempore sueborum.

Día 20 de xaneiro, sábado

Viaxe a Arboiro  e Pobra de Trives (Ourense).

Saída ás 9 horas.

Visita á Casa das Rodas de Florencio de Arboiro, museo etnográfico sobre os catro oficios ambulantes: capador, afiador, barquilleiro e quincalleiro. Visita en Ourense da exposición In tempore sueborum, sobre o reino suevo.

 

Mércores, 27 Decembro 2017 07:07

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por acordo da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 16 de decembro de 2017,  convócase Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 16 de xaneiro, martes, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, no salón da Deputación Provincial, Praza de San Marcos, coa seguinte

Orde do día

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2. Toma de acordo sobre a integración na Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, de acordo co previsto no Artigo 21, 3 dos Estatutos.

                                                              Lugo, 18 de decembro de 2017

                                                              Adolfo de Abel Vilela

                                                              Presidente

Mércores, 27 Decembro 2017 07:02

FESTA DOS SOCIOS

Como ven sendo habitual, o 16 de decembro celebrou a Asociación a Festa dos Socios coa que se da remate ás actividades do ano. Celebrouse na Fortaleza, en Conturiz (Lugo), e asistiron medio cento de asociados.
Previamente celebrouse a Asemblea Ordinaria na Galería Sargadelos para aprobar as contas e o plan de actividades para o ano 2018, no que haberá dous ciclos, un dedicado ao Mudéxar e outro aos Pazos. Completase o programa con dúas conferencias e dúas viaxes sobre etnografía e outras dúas dedicada ás Irmandades da Fala con motivo do centenario do Manifesto de Lugo.

Sábado, 16 Decembro 2017 11:00

Visita ao Museo da Catedral de Lugo

Día 16 de decembro, sábado

ás 11 horas

Visita ao Museo da Catedral de Lugo

Sábado, 16 Decembro 2017 00:00

Festa anual dos socios.

Día 16 de decembro, sábado

Festa anual dos socios, na Casa da Fortaleza (Torre de Núñez), en Conturiz. Ese día celebraremos a asemblea anual ás 10,30 horas na Galería Sargadelos e ás 12 horas visitaremos o novo Museo da Catedral. Teremos un autobús para que nos leve.

Os que queiran apuntarse poden facelo escribindo un correo antes do día 30 deste mes. Se non reunimos un mínimo de 35 participantes non podemos facer a festa polo custo, pero si as outras actividades. Mandaremos por correo a convocatoria da Asemblea. O prezo é de 35 €.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO