Día 31 de marzo, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Conferencia de Camilo Gómez Torres, "Manuel María: Obra poética".
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe dos días 2 e 3 de maio, a Tábara, Mosteiro de Moreruela, León, Valdepiélago, Valdorria, Nocedo de Curueño e Ruitelán.
Entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe dos días 30 de abril e 1 de maio, a Tábara, Mosteiro de Moreruela, León, Valdepiélago, Valdorria, Nocedo de Curueño e Ruitelán.
Día 17 de marzo, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Presentación do dvd e conferencia de Lois Diéguez, "Peregrinaxes: viaxando con Manuel María".
A Asociación Lugopatrimonio ofreceu onte un xantar de agradecemento ao escritor e poeta Lois Diéguez, cofundador e presidente da entidade cultural nos últimos dez anos. Un centenar de socios mostráronlle coa súa asistencia o seu recoñecemento ao traballo desenvolvido.
O actual presidente Adolfo de Abel Vilela pronunciou unhas palabras no nome dos asociados nas que recoñeceu a humanidade e a xenerosa entrega de Lois Diéguez a Asociación, no seu interese por divulgar a cultura do país e o seu patrimonio.
Como recordo do acto a vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos entregoulle unha placa orixinal do ceramista Francisco Pérez Porto.
Pola súa parte Lois Diéguez agradeceu aos asistentes ao acto de irmandade, a colaboración prestada polas xuntas directivas, manifestando a súa satisfacción por ter vivido multitude de experiencias compartidas cos membros da Asociación. O escritor agasallou aos asistentes cun texto seu titulado "A nube azul. Conto con procura para os grandes viaxeiros e viaxeiras de LugoPatrimonio".
O día 3, xoves, ás 20 horas no Salón de actos da Deputación Provincial celebrouse a segunda actividade do Ciclo "Manuel María, amar a vida" que a Asociación dedica ao poeta chairego con motivo de ser o persoeiro ao que está dedicado o Día das Letras Galegas do ano 2016.
Interviron Bautista Álvarez, Pilar García Negro e Francisco Rodríguez, actuando como moderador Manuel López Foxo, todos eles vinculados co poeta por amizade e ideoloxía. Fixeron unha análise da obra do autor, recitando poemas seleccionados, e deron unha visión da súa actitude e compromiso persoal desde a experiencia de cada un.
Día 3 de marzo, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Mesa redonda, "Manuel María: poeta do pobo"
Bautista Álvarez
Pilar García Negro
Francisco Rodríguez
Moderador: Manuel López Foxo
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 2 de abril, por Outeiro de Rei e a Terra Cha guiada por Lois Diéguez.
Día 3 de marzo, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 2 de abril, por Outeiro de Rei e a Terra Cha guiada por Lois Diéguez.