Imprimir ésta páxina
Sábado, 15 Marzo 2025 16:19

Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia"

11 de marzo

O conferenciante, que dedicou a súa charla a Manuel López Guitar, que foi un activo promotor do Arde Lucus, analizou o contexto xeográfico e histórico da fundación da cidade romana e logo pasou a comentar os aspectos arqueolóxicos máis relevantes que permiten deducir o tipo de sociedade galaico-romana e lucense, e incidiu na modificación da trama urbana de Lucus que supuxo a construción da súa muralla na 2ª metade do s. III.

Resaltou a importancia das inscricións epigráficas, que ás veces ofrecen problemas de interpretación pero que sempre proporcionan moita información de todo tipo sobre os distintos grupos sociais galaicos e romanos e sobre a súa vida e crenzas, para o que tamén aludiu às estelas funerarias e outras mostras escultóricas da Gallaecia.

Comentou varios temas relativos ó territorium vinculado á cidade, exemplificándoo no caso da valgada do Miño coa súa continuidade pola vía XIX cara a Iria Flavia polo val do Mera, co enclave singular de Bóveda, ou aludindo á existencia de castros cunha indubidable ocupación galaico-romana como Viladonga.

Rematou a conferencia cunhas reflexións sobre a etapa paleocristiá, coincidente co final do Imperio romano e sobre a transición ó Reino Suevo, cando Lugo tamén tivo un papel importante.