Imprimir ésta páxina
Venres, 09 Setembro 2022 08:17

Viaxe a Cudillero

Visita á Quinta de Selgas
 7 de setembro
A viaxe a Cudillero (Asturias) tivo por finalidade visitar a Quinta Selgas, un conxunto de palacete e xardíns dunha familia burguesa de fin do século XIX e principios do XX, obra dos irmáns Ezequiel e Fortunato de Selgas e Albuerne, onde se pode ver a forma de vida dunha clase de orixe popular, o pai dos Selgas tiña unha tenda de ultramarinos en Cudillero, que acada unha formación e éxito nos negocios, e que mostran na súa residencia estival os obxectos que adquiren en anticuarios.  
A visita guiada que organizamos para tres grupos da Asociación comezou no xardín francés que se atopa diante da fachada principal do edificio, que xa é por sí un exemplo do que son as artes decorativas e suntuarias, desenvolvidas por distintos artesáns, vidreiros, carpinteiros, tallistas e pintores.  
Este xardín está situado na zona sur no que destacan as esculturas e as fontes. É dunha ampla avenida, marcada polos elementos xeométricos: os muros de camelios recortados, as pedras horizontais de céspede e os xardíns con céspede e flores de buxo crean un conxunto de liñas rectas que conflúen no palacio.


No interior puidemos ver nas dúas plantas visitables do edificio mobiliario de diferentes estilos, as pinturas de distintos períodos artísticos, as cerámicas, os dormitorios cos seus elementos constitutivos,  e todos aqueles obxectos que adornaban as distintas salas de que gustaba a burguesía con posibles.
Despois saímos aos xardíns, o primeiro proxecto foi elaborado por Fortunato de Selgas, en 1864, anque os xardíns non se fixeron ata dúas décadas máis tarde seguindo as modas da época, dominadas polos modelos franceses e ingleses. Contaron coa axuda de Henri Rigoreau Jouvert, que se formara na escola de xardinería de Versalles.
O xardín italiano, de aire renacentista, atópase entre a residencia principal, a casa dos convidados e o pavillón onde se mostran os tapices dos séculos XVI e XVII. Dúas soberbias araucarias forman a barreira vexetal que converte ao xardín nunha contorna pechada, íntimo e privado. Este xardín imita os modelos baseados nas vilas italianas cun marcado sentido arqueolóxico no que a arquitectura dialoga coa vexetación e as esculturas clasicistas que se distribúen no seu espazo.
Entramos no pavillón dos tapices  construído a comezos do século XX para acoller unha colección de nove tapices procedentes das manufacturas de Bruxelas, datados entre os séculos XVI e XVII. Salvo un deles, de temática  mitolóxica, reproducen pasaxes bíblicas.
Á saída do pavillón iniciamos o percorrido polo xardín inglés comezando nos invernadoiros onde se cultivan non só as plantas para plantar nos xardíns, senón que tamén ten exemplares exóticos e permitía experimentar coa procura de novas especies e variedades contribuíndo así ao estudo da botánica. É un pavillón construído con ferro e cristal, como os vangardistas edificios franceses de finais do século XIX. Este xardín, que imita á natureza sen aparente intervención humana, componse de paseos entre prados e arboredo de distintas especies, destacando polo seu porte as coníferas, un bosque de secuoyas vermellas, especie autóctona de América, pecha o xardín polo seu lado norte e ao sur corre a auga dun regueiro entre magnolios, pradairos xaponeses, eucaliptos, coníferas e un fornelo xónico sobre unha gruta, moi do gusto italiano do Renacemento.
Rematamos a visita no Museo Escolar, no que se amosa unha colección de obxectos didácticos, usados durante a primeira metade do século XX nas Escolas Selgas. Fundadas en 1915 como institución benéfica e docente, oque tiña por finalidade facilitar a educación de nenas e nenos preferentemente dos pobos de Habana, Aroncés, El Pitu e Atalaya, aínda que, no caso de contar con prazas suficientes poderían ser admitidos alumnos doutros pobos do concello.