Imprimir ésta páxina
Mércores, 16 Novembro 2016 00:00

CONFERENCIA DE SONIA FERNÁNDEZ PÉREZ

O día 11 de novembro, tivo lugar no Salón  de actos da Deputación Provincial, a última conferencia do ciclo dedicado á Ribeira Sacra, que estivo a cargo de Sonia Fernández Pérez, investigadora da USC., Departamento de Historia da Arte. Baixo o  titulo "Difusión artística do románico na Ribeira Sacra 2.0". A conferenciante foi presentada por Carolina Casal Chico, membro da xunta directiva da Asociación.
A convidada falou da orixe da corrente estilística e tipolóxica das igrexas románicas  que tomando como modelo a de San Nicolau de Portomarín, os mestres do obradoiro de Santiago, difunden pola ribeira do Miño a partir do último terzo do século XII desde o foco da catedral de Ourense.