Imprimir ésta páxina
Martes, 05 Abril 2016 00:00

CICLO MANUEL MARÍA. Viaxe sentimental por Outeiro de Rei e a Terra Cha

O sábado, día 2 de abril, dentro do ciclo "Manuel María: Amar a Vida",  a Asociación  fixo unha viaxe guiada por Lois Diéguez servíndose dunha selección que fixo de trinta poemas relacionados cos lugares máis íntimos do poeta. Os participantes comezaron a visita pola casa natal de Hortas, e recitaron os poemas que se entregaran previamente nunha edición impresa titulada "Viaxe sentimental por Outeiro de Rei e a Terra Cha", na Praza do Concello, cemiterio con ofrenda floral, campo de Santa Isabel, igrexa de Baamonde, San Alberte rematando en Penas de Rodas.