Imprimir ésta páxina
Xoves, 15 Outubro 2015 00:00

ACTIVIDADES COMPLETAS DO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO 2015

OUTUBRO

 

Día 27 de outubro, martes: conferencia do profesor de música de Ensino Secundario Andrés Díaz Pazos sobre A música galega do século XIX, entrando no XX. Será no salón de actos da Deputación ás 20 h.

 

NOVEMBRO

Día 10, martes: conferencia da profesora María Isabel Fernández García, Catedrática de Química Inorgánica, sobre Científicos e científicas do s. XIX entrando no XX. No salón de actos da Deputación ás 20 h.

Antes desta conferencia, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:

  • Concerto de música do s. XIX no Pazo de Tor (24 de novembro, martes). Saída en bus do lugar habitual ás 17 h.

            Prazas limitadas a 50 persoas.

 

  • Festa dos asociados e asociadas de LugoPatrimonio, "Contos e Música arredor da lareira" (12 de decembro, sábado), na Casa da Penela, Mondoñedo (Turismo rural). Saída do lugar habitual ás 9,30 h.

Día 7, sábado, Museo Provincial de Lugo: visita á pintura galega do s. XIX como complemento á conferencia ditada pola museóloga Aurelia Balseiro, a cal guiará o itinerario polos distintos cadros.

Comezo ás 10 h., encontrándose os e as que queiran participar na entrada do Museo Provincial de Lugo ás 9,45 h. De ser numerosos os e as participantes a visita farase por grupos.

Día 24 de novembro, martes

 

Concerto Valadarestiada- Música galega do s. XIX.

Pazo de Tor (Monforte de Lemos) 24 de novembro de 2015

20 h.

Este concerto realízase  no pazo de Tor coa fin de recrear as reunións musicais que se facían na casa da familia do escritor Marcial Valladares, nas que se tocaban músicas de corte culto, canda composicións propias dos membros da familia, e outras de carácter máis popular, que se atopan aínda no arquivo familiar da casa Grande de Vilancosta, na Estrada. Estas reunións musicais eran, por outra banda, algo moi común nesa altura en moitas casas burguesas, o que dará unha visión diferente e descoñecida do contexto musical na Galiza do XIX.

Sobre o arquivo e a música nel contida, fará unha pequena introdución Jose Luís Dopico, que foi, xunto con Isabel Rei, o que promoveu a organización de dito arquivo e a súa transcrición.

Haberá unha introdución do profesor de música André Díaz Pazos sobre os interesantes instrumentos musicais que se conservan no salón do pazo.

Contaremos con:

Isabel Rei Samartim: guitarra clásica

José Luís Dopico Orjais: cavaquinho e percusións

Helena de Alfonso: voz

Alonxo Caxade: frauta e gaita

 

DECEMBRO

 

Día 2, mércores : conferencia do investigador Serafín R. Trashorras sobre As torres do Arneiro.Salón de actos da Deputación, ás 20 h.

Día 12, sábado: Festa anual de LugoPatrimonio na casa de turismo rural Da Penela, Mondoñedo. Contaremos con músicos, conta-contos e a valiosa prfesionalidade das nosas asociadas e asociados.

Preparade todas as intervencións que se vos ocorran.

 

XANEIRO

 

Día 11, luns: Asemblea Xeral de LugoPatrimonio: cambio de Xunta Directiva e Proxectos para o ano 2016.