Imprimir ésta páxina
Xoves, 20 Agosto 2015 00:00

ACTIVIDADES PARA SETEMBRO E OUTUBRO DO 2015

SETEMBRO


 

Día 19, sábado
Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa.
Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade.
 Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm
De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas...
Saída ás 9:30 h. da mañá do lugar habitual.
Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h.

Día 30, mércores: conferencia da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, sobre Pintores e pintoras galegas do século XIX, entrando no XX, como parte do ciclo que levamos durante este ano. No salón de actos da Deputación ás 20 h.

 


 OUTUBRO


 

Día 17 e 18: Viaxe a Salamanca, Alba de Tormes e Ávila para ver as exposicións de "As idades do Home" baixo o seguinte Programa:
Día 17, sábado: Saída ás 7 h. do lugar habitual con destino Salamanca onde chegaremos arredor das 12 h. A partir desta hora visitaremos o claustro renacentista das dominicas do convento de Las Dueñas e a Casa Lis. Xantar ás 14 h. e deseguido saída para Alba de Tormes. Visita ao capítulo V da exposición: "Filla da Igrexa". Basílica de Teresa de Xesús.
Ás 19 h. saída para Ávila onde teremos aloxamento e cea libre.

Día 18, domingo: Visita ás tres sedes da exposición "As idades do Home" "Teresa de Xesús mestra de oración":
I capítulo: "Conducinvos á terra do Carmelo", Convento de Nosa Señora de Graza
II e III capítulos: "Na España da Contrarreforma" e "As pobres descalzas de Teresa", Capela de Mosén Rubi.
IV capítulo: "Mestra de Oración", Igrexa de San Xoán Bautista.
Ao rematar regreso a Lugo, con xantar en Arévalo. Chegada a Lugo arredor das 22 h.
Anotacións o 2 de setembro na galería Sargadelos entre 19 e 20 h.

Día 27 de outubro, martes: conferencia do musicólogo Andrés Díaz Pazos sobre A música galega do século XIX, entrando no XX. Será no salón de actos da Deputación ás 20 h.