Imprimir ésta páxina
Venres, 28 Marzo 2014 15:23

LugoPatrimonio tamén se molla polo río Sarria

mollámonos polo río

LugoPatrimonio apoia á Plataforma Sarriana polo Río nas súas propostas alternativas ao actual plan de encanamento do río Sarria.

A política de feitos consumados, cunha intervención que destrúe patrimonio natural e cultural non é a solución ao problema das enchentes, como se pode ler no proxecto da obra xa en execución. Segundo podemos ler no manifesto da plataforma sarraiana polo río, esta obra, entre outras cousas, eliminará "casi por completo o corazón do patrimonio cultural, histórico, ambiental e paisaxístico da parte baixa de Sarria. A centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo (s.XIX) serán derrubados. Tamén un estribo medieval da ponte chamado “Ponte Ribeira” próximo ó paseo do Malecón e xusto no Camiño de Santiago será eliminado, así como casi todo vestixio do antigo muíño do Toleiro: presa, caz e illa para o desvío da agua. Tamén a parte da illa tocante á socaz do muíño será profundamente alterada, cambiando a súa elevación sobre o río."

Máis información da Plataforma nos seguintes enlaces:

Web da Plataforma Sarriana polo Río: http://www.plataformariosarria.org/gl/

Canal en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC84h_ZkVz8oezmAaz5Hy4pQ

Facebook da plataforma: https://www.facebook.com/salvemosoriosarria

Petición en Change.org dirixida á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que reconsidere o plan.