Imprimir ésta páxina
Luns, 24 Decembro 2012 16:24

Vai para dous anos no Saviñao derrubouse a fachada dun edificio do século XII

 

O Sorriso de Daniel mándanos esta información:

Na noite do 28 ao 29 de decembro de 2010 un ruído seco escoitouse ao carón da igrexa de Diomondi. Eran os ecos do derrubamento da fachada do Pazo bispal de Diomondi.

Dous anos despois estamos dispostos a que non caia no esquecemento o abandono que o noso patrimonio sofre e citámonos alí para lembralo. Vaite ao noso blog para saber qué che propoñemos
http://www.osorrisodedaniel.blogspot.com.es/2012/12/musica-para-sandar-diomondi.html

Gustaríanos moito que nos acompañases.

Bo Nadal!

--

O Sorriso de Daniel

Patrimonio Románico

www.osorrisodedaniel.org