Imprimir ésta páxina
Sábado, 29 Setembro 2012 15:44

NOVA REUNIÓN DE DISTINTAS ENTIDADES PARA SALVAR A IGREXA DE VILASOUTO

Igrexa de VilasoutoReunidas as seguintes entidades cos seus e as súas respectivas representantes: Deputación de Lugo-Area de Cultura, Concello do Incio, Bispado de Lugo, Veciños e veciñas de Vilasouto-O Incio, e A.C. LugoPatrimonio, para continuar o estudo e alternativas sobre o estado da Igrexa de Vilasouto, acordaron os puntos abaixo detallados :

  1. O Bispado e Deputación de Lugo, xunto con concello do Incio comezarán inmediatamente co estudo das accións legais encamiñadas á execución da obra inical necesaria para atallar o derrubo da Igrexa de Vilasouto.
  2. Ditas institución e mais os veciños e veciñas de Vilasouto aportan xa unha contía económica na perspectiva de completar a cantidade final necesaria para os arranxos máis necesarios e urxentes da obra.
  3. Actuará como promotor da obra o Bispado de Lugo por ser o propietario da Igrexa, iniciando así a redacción do Convenio coa Institución ou institucións que colaboran neste Proxecto.
  4. Unha vez que o dito anteriormente estea completamente definido convocarase outra reunión na que se considera importante a asistencia do Departamento correspondente da Xunta de Galicia, para que concrete o seu interese e apoio se así o considera.


Lugo, a 28 de setembro do 2012.