Imprimir ésta páxina
Martes, 30 Agosto 2011 08:17

OS VECIÑOS E VECIÑAS DE SALCEDO ENTREGAN A LOIS DIÉGUEZ A CARAUTA DO OSO

O domingo, día 28 de agosto, no xantar que anualmente fan os vecinos e veciñas de Salcedo a través da súa asociación, entegóuselle a Lois Diéguez a Carauta do Oso coa que até agora e nos últimos anos se cubría  este personaxe sonado do Entroido salcedián cada luns desta celebración. Con este feito, os vecinos e veciñas querían agradecerlle ao escritor e presidente de LugoPatrimonio, o traballo que individualmente ten feito na súa obra literaria, sobranceiramente na novela A poutada do Oso, para agrandar e popularizar as actividades dunha aldea que hoxe é un exemplo a seguir por todas as demais; e colecivamente, lembrando tamén as asociación das Terras de Lemos que se veñen distinguindo por un amplo traballo a prol do patrimonio inmaterial . O presidente, Alberte Gonzáles, foi o encargado de facer a entrega. Lois Diéguez agradeceu o recoñecemento facendo primeiros protagonistas aos propios vecinos e veciñas, verdadeiros artífices dun traballo colectivo,  plenamente galego e exemplo dunha cultura popular plenamente arraigada no pobo.