Imprimir ésta páxina
Xoves, 10 Marzo 2011 12:06

ACTIVIDADES DE LUGOPATRIMONIO PARA O MES DE MARZO

· Día 22, martes, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, presentación da novela A poutada do Oso, na que intervirán Felipe Castro (Axente facultativo medioambiental), Francisco Pillado, director da editorial Laiovento, Felipe-Senén López (arqueólogo e museólogo), e o autor, Lois Diéguez, previa proxección do dvd "De Albre de espranza á Poutada do Oso". Este acto faise en colaboración coa editorial Laiovento.

Entre as 19 e as 20 h. Lois Diéguez asinará libros no mesmo lugar, e Felipe-Senén completará o traballo cos seus debuxos

· Día 31, xoves, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, conferencia con proxeccións sobre Viaxe virtual polas terras de Turquía, a cargo do escritor Lois Diéguez. Durante a conferencia falarase tamén da próxima viaxe que LugoPatrimonio realizará a Turquía polos días da Semana Santa.