Imprimir ésta páxina
Domingo, 11 Abril 2010 10:33

Lugopatrimonio presenta unha alegación contra o proxecto de explotación da sección "A" para a canteira "O Pico", en Santalla de Román, Vilalba

LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ, presidente da Asociación Cultural Lugo Patrimonio con DNI  número 34233746 V, e domicilio a efectos de notificación na Rúa Acacia, nº 5-6º B, 27004 – Lugo,

EXPÓN

A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, constituíuse o día 4 de abril de 2006 e foi rexistrada pola Xunta de Galicia co número 2006/009624/1ª (LU).

Na acta fundacional e nos Estatutos aprobados, recóllense como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”.

Tendo coñecemento de que na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, se tramita o expediente para ampliación da canteira denominada “O Pico” en Vilalba, situada na área coincidente cos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas facemos, as seguinte

Alegación

Segundo se describe na memoria da Prospección Arqueolóxica Intensiva da Autorización de Explotación da citada canteira, identificáronse trece elementos patrimoniais pertencentes exclusivamente á categoría de xacementos arqueolóxicos que se corresponden con parte dos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas, inventariada parcialmente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no ano 1991, revisada no ano 2007 ao redactar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilalba, e actualizada, en parte, coa prospección actual, que permitiu documentar sete elementos tumulares máis, situados no sector setentrional da concentración, monte adentro, supóndose que hai máis elementos non visibles na actualidade debido á vexetación.

En consecuencia as obras proxectadas son incompatibles coa realidade patrimonial ao afectar directamente a un dos bens arqueolóxicos considerados no estudo arqueolóxico, caso do túmulo 15-GA27065120, e indirectamente ao túmulo 13-GS27065118 pola alteración do seu entorno máis inmediato, polo que se pide que non se autorize a ampliación solicitada por afectar á destrucción dun xacemento arqueolóxico inventariado coa categoría de Ben de Interese Cultural.

Lugo, 30 de marzo de 2010


Ilmo. Sr. Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Consellaría de Economía e Industria. Santiago de Compostela.