Imprimir ésta páxina
Venres, 15 Xaneiro 2010 11:19

Felipe-Senén López falou ante un amplo auditorio da historia e lendas da Coruña


Aspectos orixinais e diferentes dos habituais que se din da Coruña, a cruña, o corno, a coroa... como a definiu o eminente conferenciante e investigador da nosa historia e orixes, Felipe-Senén. Cativou a xente que acudiu durante máis dunha hora coas historias, lendas e investigacións propias sobre unha cidade que aínda hoxe, despois de polémicas incomprensíbeis, segue sen ser coñecida polos seus gobernantes, de aí a manipulación con que xogan para proveito exclusivo e persoal. Proba disto é o esquezo e desinterese en que se mantén o caso antigo, o corazón, logo, da Coruña. O próximo sábado veremos con Felipe-Senén, a pé, como é de rigor nos viaxeiros, as pedras e os contos, o positivo e negativo que mantén con gloria ou desacerto esta fermosísima cidade galega.