Imprimir ésta páxina
Luns, 11 Xaneiro 2010 11:40

Actividades de LugoPatrimonio para mañá, martes, 12 de xaneiro 2010

Mañá, 12 de xaneiro do 2010, ás 20 h. e no salón de actos da Deputación provincial de Lugo, o arqueólogo, escritor e grande animador cultural, Felipe-Senén López, expoñerá mediante proxeccións e comentarios a conferencia: A Coruña desde unha visión orixinal e diferente: arqueoloxía e lenda.

Esta conferencia é parte inicial da viaxe que LugoPatrimonio proxecta a esta cidade da Coruña, para o próximo sábado, 16 de xaneiro, que será guiada tamén por este guía de excepción que é Felipe-Senén López .

As persoas que queiran participar na viaxe poderán anotarse o mesmo día da conferencia (12 de xaneiro), entre 18,30 h. e 20 h. e no mesmo lugar (salón de actos da Deputación Provincial de Lugo).

Lugo, 11 xaneiro 2010

A Xunta Directiva