Imprimir ésta páxina
Luns, 12 Outubro 2009 10:56

Nova agresión no campo de mámoas da Mourela

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes vén de denunciar unha nova agresión no campo de mámoas da Mourela

Logo de se cumpriren máis de dous anos da destrución dos restos do círculo lítico da Mourela, as máquinas que traballan no selado dos taludes da autovía AG-64 veñen de destruir parcialmente un dos túmulos que se atopan emprazados a escasos metros dos noiros da autovía.

 

En http://www.amigus.org/mourela.php informan  diariamente das novidades.

 

Podes ver tamén as fotos do sucedido no seu DIARIO NECROLÓXICO DO CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA.