Imprimir ésta páxina
Martes, 28 Xullo 2009 16:14

PRESENTADO EN ROLDA DE PRENSA O CONGRESO SOBRE PATRIMONIO INMATERIAL

 

 

O pasado luns, día 27 de xullo, as asociacións veciñais e culturais das comarcas de Lemos, xunto con LugoPatrimonio, presentaron en roldas de prensa celebradas en Lugo e Monforte, o Programa que vai rexer as Xornadas de Outono do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial.

“Unir o científico co popular será un dos obxectivos deste Congreso”, dixo o coordenador, Lois Diéguez, “daí os debates e conferencias que se realizarán por estudosos durante parte do mesmo, e a asistencia aos actos de A Cervela, Castelo e A Ermida, onde se celebrarán os ritos festivos relacionados coa danza e co lume”. Despois destas xornadas que completan as da Primavera, contaremos cunha edición onde se recollerán os estudos e investigacións nos que neste mesmo momento se está a traballar. O próximo día 1 de agosto comeza o prazo para anotarse ao Congreso, que durará até o día 20 do mesmo mes.