Imprimir ésta páxina
Venres, 24 Xullo 2009 10:22

ACTIVIDADES PARA O MES DE AGOSTO

 

 

Día 3, luns

Entre 18,30 h. e 20 h. Anotacións para a viaxe á Fonsagrada, na Deputación provincial.

Ás 20 h.: exposición de Orlando Viveiro e Hixinio Flores sobre o contido da viaxe á Fonsagrada, na que comentarán imaxes de aspectos etnográficos, artísticos e musicais da comarca. O acto tamén se desenvolverá no salón de actos da Deputación.

Día 8, sábado

Viaxe ás terras da Fonsagrada.- Saída ás 8,30 h. do lugar habitual (fronte ao Instituto Lucus Augusti)

Regreso sobre as 22 h.

As condicións da viaxe son as habituais.

Itinerario: Visita á Fonsagrada e o seu Museo con Mónica Alonso, Seimeiras (fervenzas) do Queixoiro, xantar, Museo etnográfico de Grandas de Salime, encontro con Avelino, ferreiro de Penamaría, e Oliverio Álvarez, constructor de trompas, A Pobra de Burón e Mazo da Porteliña. 

Día 30, domingo: Comeza a 2ª parte do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos, segundo o programa adxunto.

CONSIDERAMOS DE MÁXIMA IMPORTANCIA A PARTICIPACIÓN NAS TRES XORNADAS DESTE CONGRESO, POIS DA SÚA ACEPTACIÓN E CONCLUSIÓNS VAI DEPENDER EN GRAN MEDIDA O NOSO TRABALLO A RESPECTO DO PATRIMONIO INMATERIAL.

Lugo, xullo do 2009

A XUNTA DIRECTIVA