Imprimir ésta páxina
Mércores, 25 Marzo 2009 23:00

Comezou o ciclo VIÑO E POESÍA

 Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado  da Área  de Cultura abríu o ciclo Viño e Poesía cunhas palabras nas que lembrou a escritores galegos que cantaron o viño. Con el estiveron o Presidente de LugoPatrimonio, que lle agradeceu o patrocinio do Ciclo, o Vicepresidente,  e Sabela R. Campo que leu o poema de Manuel María “Poema aos viños galegos”, que é o que guía os actos deste mes de marzo.

O biólogo Xosé Mouriño Cuba, foi o primeiro conferenciante do Ciclo Viño e Poesía. Nunha amena e interesante charla apoiada por fotos e estatísticas, contou o proceso que levou a que o viño e outros produtos da Ribeira Sacra, así como a mesma zona, tivesen a sona e o prestixio actual. El foi un dos artífices principais desa conversión das ribeiras do Miño e do Sil en zonas axeitadas e coidadas para o cultivo do viño, resgatando do desleixo paisaxes mortas que hoxe nos animan.