Imprimir ésta páxina
Luns, 15 Decembro 2008 23:00

A Asemblea xeral de LugoPatrimonio aprobou o Programa para o ano 2009 e nomeou asociados honoríficos a D. Xaime Delgado Gómez, D. Isaac Rielo Carballo e D. Xesús Pérez Regueiro.

Foi unha voz unánime a asemblea; unha aclamación para estes tres homes que de diversos xeitos e perspectivas animaron durante a súa vida o traballo polo noso patrimonio. E non só iso: animaron tamén á nosa asociación a seguir, dalgún xeito, os pasos que eles gastaron con ilusión e acerto. Grazas, queridos Xaime, Isaac e Xesús, de corazón. E como dicía o compañeiro, “o patrimonio continúa”.

 

 

Na mesma asemblea aprobouse o proxecto de programa que imos desenvolver o ano próximo, 2009, que é ambicioso, atractivo e completo. En breve poñerémolo nesta páxina para o voso coñecemento. Carlos Ferreiro anunciounos tamén que dentro de pouco estrearemos nova páxina, con máis alternativas para a comunicación. Grazas a Carlos tamén, e a Sonia, pola proxección que fixeron na asemblea das viaxes referidas aos ritos festivos dese impresionante patrimonio inmaterial que temos nas Terras de Lemos. Por algo un é de alí, claro. Non hai quen nos tusa.

Así se desenvolveu a asemblea de LugoPatrimonio…