Imprimir ésta páxina
Domingo, 30 Novembro 2008 23:00

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE LUGOPATRIMONIO PARA O DÍA 14 DE DECEMBRO, DOMINGO, ÁS 11,30 H. NO SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

 

Seguindo o ordenado nos Art. 17, 18 e 19 dos Estatutos da nosa asociación, convócase asemblea xeral ordinaria para o día arriba indicado, ás 11,00 h. en primeira convocatoria, e ás 11,30 h. en segunda, que se rexerá pola seguinte orde do día:

  1. Lectura da acta da asemblea anterior.
  2. Informe do presidente sobre as actividades realizadas no ano 2008
  3. Informe económico 2008 e orzamento para o 2009
  4. Proposta de actividades para o 2009.
  5. Nomeamento de socios de honor para D. Xaime Delgado Gómez, D. Isaac Rielo Carballo e D. Xesús Pérez Regueiro.
  6. Entrega de carnés e edición de Estatutos a todos os asociados e asociadas.
  7. Rogos e preguntas.

 

NOTA: a asemblea comezará ás 11,30 h. coa proxección dun dvd sobre as viaxes realizadas neste ano e a exposición da nosa nova páxina web polo autor e membro da Xunta Directiva, Carlos Ferreiro.

Lugo, a 30 de novembro do 2008

O presidente 

Asdo.: Lois Diéguez