Imprimir ésta páxina
Xoves, 04 Febreiro 2010 22:59

Apoio a Pepe el Ferreiro

 

Pedimos con firmeza que o grande dinamizador da cultura e economía de Grandas, Pepe el Ferreiro,  sexa renovado na dirección dese Museo etonográfico, pois é obra del e daqueles e aquelas que co seu traballo construíron esa marabilla que animou a propia economía da zona. Ninguén entendería hoxe esa fermosa vila sen o seu museo. Volvería, nese caso, ao silencio e á despersonalización.

Coa forza da xustiza e do futuro, LugoPatrimonio quere deixar constancia diante de quen comete a inxustiza e a barbarie, que unha xoia sempre se mostra con orgullo, pois ten valor, beleza e brillo, e non se comprende que recoñocida como tal polo noso pobo, sexa botada da mina onde se formou. Pepe el Ferreiro ten que volver aínda con máis forza á esa obra magnificamente creada.

Lugo, a 3 de febreiro do 2010-02-04

 

O Presidente de LugoPatrimonio

 

Asdo.: Lois Diéguez