Imprimir ésta páxina
Luns, 22 Setembro 2008 23:00

O profesor Luís Martínez-Risco introduciunos no tempo de Curros Enríquez a través do poema “A Virxe do Cristal”

A biografia do poeta Curros Enríquez, os lugares por onde andou e o poema A Virxe do Cristal, foron os tres eixos escollidos polo profesor Martínez-Risco para levarnos pola Galiza do século XIX, polas terras de Celanova e polas lendas populares recollidas tamén na obra de Curros. Co reparto do libro “Aires da miña Terra”, os viaxeiros e viaxeiras teremos unha información de privilexio, fermosa e suxestiva para viaxar o próximo domingo, 28 de setembro por unha comarca ateigada de historia e rica en patrimonio, tradicións e contos populares.