Imprimir ésta páxina
Xoves, 03 Xullo 2008 23:00

As ondas historiadas de Rodríguez Guerreiro

O profesor Francisco L. Rodríguez Guerreiro introduciunos onte nas augas azuis do mar dos seus estudos e recordos. Unha conferencia de múltiple colorido, na que entrou de forma amplia nos seus aspectos variados: usos económicos, lendas, historias de afogados e até na música e literatura que o mar galego produciu ao longo dos séculos. E, como sempre, as fotos seleccionadas arredondaron de xeito artístico a súa exposición. O próximo día 12 de xullo completará o percorrido  no propio espazo físico do mar de Viveiro.