Imprimir ésta páxina
Xoves, 26 Xuño 2008 23:00

NEN O ALCALDE DE CERVO NEN O DELEGADO DE CULTURA SE COMPROMETERON A SOLUCIONAR A DESTRUCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA.


Venres, día 27 de xuño, na Casa do Mar de San Cibrao: representantes de Adega, alcalde de Cervo, Delegado de Cultura da Xunta de Galiza, Manuel Miranda como testemuña imprescindíbel da desfeita que se fixo, e mais o noso presidente, expuxeron distintas posicións sobre o futuro do castro da Atalaia. Conclusión desesperanzada: apesar do esforzo das asociacións presentes e do numerosos público pedindo solucións, os dous responsábeis políticos non se aclararon a respecto do futuro. As esperanzas debilítanse, máis a xente anda moi quente e eles serán tamén responsábeis directos do que aconteza. Nestes casos é cando a xustiza debería intervir con presa. Farao? Nós seguiremos no combate. 

Grazas a Mariñapatrimonio pola dirección deste interesante acto. Boa estrea das súas actividades esta Táboa Redonda.