Imprimir ésta páxina
Domingo, 15 Xuño 2008 23:00

Coa viaxe a Belesar e arredores remata a primeira parte do Ciclo da Auga dedicado ás augas dos ríos

O sábado 14 de xuño cumprimos un fermoso programa de visitas e paseos á igrexa de Diomondi, Codos de Belesar, catamarán con percorrido deica a fervenza de Augacaída e castro de Marce, Ecomuseo de Arxeriz, barcas e casas do Pincelo e, finalmente, degustación do viño da adega Lareu. Foi, portanto, un día completo, con sol, paisaxes, monumentos e a auga como trasfondo dos nosos estudos. A xente seguidora da nosa páxina pode entrar na sección ilustrada desta viaxe para comprobar fotograficamente o que aseguramos. 

O próximo día 3 de xullo continuaremos co Ciclo da Auga que nesta segunda parte dedicaremos ás augas dos mares, co programa detallado á marxe desta noticia.