Imprimir ésta páxina
Xoves, 03 Abril 2008 23:00

Comezo da última parte do ciclo "Coñecer o Barroco"

 

O próximo venres, día 4, comeza a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO" con dúas interesantes conferencias:

- A festa Barroca, conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela, ás 19:00 h.

-Escultura e Pintura do Barroco galego, conferencia do Restaurador César Carnero, ás 20:00h

O sábado, día 5, visitaremos a catedral de Lugo e outros lugares da cidade.

O domingo finalizará o obradoiro cunha viaxe a Monforte e Samos, onde se realizará a clausura do Obradoiro cun concerto sobre o Contorno da Música Barroca polo grupo Solo Voces.