Imprimir ésta páxina
Xoves, 14 Febreiro 2008 23:00

PRESENTADA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA QUE O RITO FESTIVO DE “AS FACHAS DE CASTELO” SEXA DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

O pasado venres, as Asociacións AS FACHAS, de Castelo, e máis LugoPatrimonio, entregaron no rexistro da Xunta para as Consellarías de Cultura-Dirección Xeral do Patrimonio e Consellaría de Industria-Dirección Xeral de Turismo, a documentación cuxo fin é que o rito festivo das FACHAS que se celebra todos os 7 de setembro, entre na catalogación de BIC e Festa de I.T. Foi un longo traballo de recompilación de datos e historia, no que, definitivamente se recolleron artigos dos profesores D. Xaime Delgado Gómez e D. X.M. González Reboredo, que estudan e interpretan en profundidade todo o relacionado coa festa. Recollíanse, ademais, outros artigos aparecidos na prensa, datos da evolución das Fachas, e a declaración do Concello de Taboada uníndose ao traballo das dúas Asociacións. Agardamos, pois, desas Consellarías, que sexan sensíbeis e fagan xustiza a unha petición con grande eco popular e que define un xeito de vivir e gozar con características nacionais galegas.