Artigos filtrados por data: Mai 2018
Xoves, 24 Mai 2018 07:06

VIAXE A TERUEL

 

Do 17 ao 20 de maio de 2018

 

Fixemos a viaxe 50 socios con destino final en Teruel como actividade práctica dentro do Ciclo dedicado ao Mudéxar. A primeira parada foi en Tordesillas para ver especialmente a fachada da igrexa, patio e baños árabes do mosteiro de Santa Clara, chamado "Pelea de Benimerín", levantado sobre outro árabe, mandado facer en 1340 por Afonso XI de Castela despois da Batalla del Salado. Na visita acompañounos unha guía contratada pola Asociación. Tivemos que facer dous grupos de maneira que mentres un facía a visita o outro visitaba as Casas do Tratado, onde a tradición sitúa as negociacións entre Castela e Portugal para repartir o Novo Mundo, e que remataron coa sinatura do Tratado de Tordesillas o 7 de xuño de 1494.  A carón está o Museo da Igrexa de San Antolín que tamén vimos.
Despois de xantar en Arévalo fixemos a media tarde un percorrido por Molina de Aragón, cun casco histórico moi interesante pero abandonado debido a despoboación da zona.

Día 17, 18, 19 e 20 de maio

Viaxe a Teruel para ver arquitectura mudéxar, visitando o Real Monasterio de Santa Clara en Tordesillas, Molina de Aragón, Teruel, Albarracin e Guadalajara.

Saída ás 7 horas.

8 de maio de 2018

A profesora de Historia da Arte da Universidade de Vigo no campus de Ourense, Yolanda Barriocanal López disertou sobre a achega dunha das manifestacións patrimoniais máis xenuínas da arte mudéxar: as armaduras de madeira como parte integrante do espazo arquitectónico. Dentro das escasas creacións desta arte en territorio galego, destacou un conxunto de teitumes de par e nudillo, en pequenos templos rurais, construídas na primeira metade do século XVI, con interesantes analoxías nas súas solucións, seguindo un mesmo patrón no terreo do constructivo e decorativo. Todas elas enlazan tradicións islámicas, con decoración de lazo, cun acabado polícromo a base dun rico repertorio de temas e motivos figurados baseados no mundo clásico.

A escasa pervivenza de exemplares con esta tipoloxía de cuberta e acabado decorativo subliña a importancia dos expoñentes conservados, formando, pese á súa modestia, un dos legados e capítulos máis descoñecidos da arte mudéxar en Galicia.

Día 8 de maio, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Yolanda Barriocanal López, profesora titular de Historia da Arte na Universidade de Vigo, "Cubrir a arquitectura. Tradición clásica e mudexarismo nalgúns exemplos de armaduras de madeira".

Comezou fixando o significado do termo "mudéxar" para o que hai discusión entre diferentes historiadores da arte, o contrario a outros estilos, debido á complexidade desta arte, e que se comezou a definir na Ilustración española como modelos cristiáns dos séculos XII ao XVI revestidos de arquitectura musulmana.

A definición debeuse a Miguel de Asas que en 1857. Nos territorios reconquistados fanse igrexas, como a de Santa Leocadia en Toledo, proxectadas por arquitectos musulmáns e propuxo "mudéxar" porque era así como chamaban aos islamitas "mudexaristas". É unha adxectivación de moitas cousas. Mudéxar é un adxectivo nos reinos de Castela e León que xa se utilizaba no século XIII "mudayan". Miguel de Cervantes en 1605 fala do occidental cautivo que vai á Mancha, xudeos conversos. Aos de Granada chamábanlles mudéxares. Son personaxes fronteirizos que falaban a algarabía. Nas terras conquistadas, en territorio cristián, había dous tipos de mouros, os cautivos e os servos. Son masas vencidas e desculturizadas segundo Claudio Sánchez Albornoz. Amador de los Ríos en 1859 no seu discurso de entrada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, definiu o mudéxar como a fusión da arte cristián e musulmán, un estilo singular español. Constestoulle Pedro de Madrazo e Curt que asumiu os seus postulados, e desenvolvese a teoría. Estamos no período romántico.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Teruel para ver arquitectura mudéxar. +

    Día 17, 18, 19 e 20 de maio Viaxe a Teruel para ver arquitectura mudéxar, visitando o Real Monasterio de Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 23 de xuño polas mariñas coruñesas, Pazo de Mariñán, con Felipe Senén. +

    Día 5 de xuño, martes Salón de actos da Deputación Provincial De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de Javier Raposo Martínez, "O caracter primixenio ou definitorio do pazo". +

    Día 5 de xuño, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Javier Raposo Martínez, licenciado Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO