Artigos filtrados por data: Xuño 2016
Xoves, 30 Xuño 2016 00:00

VIAXE A SANTIAGO

Dentro do ciclo "O Camiño Primitivo onte e hoxe", LugoPatrimonio fixo unha viaxe a Santiago de Compostela o 25 de xuño para visitar o novo Museo das Peregrinacións, que anque xa se visitara na antiga sé, nesta ocasión foi para ver a súa nova instalación no antigo edificio do Banco de España na Praza das Praterías. A visita guiada durou máis dunha hora. Hai que destacar a calidade da nova montaxe e o seu discurso expositivo que comeza na planta cero facendo unha introducción ao fenómeno das peregrinacións no mundo e remata na planta terceira coas vitrinas dedicadas ao traballo dos acibecheiros, prateiros e gravadores de Santiago. Despois subiron ata a última planta para gozar das vistas da catedral.
Pola tarde fixeron unha visita guiada a exposición "Con fío en Galicia", no Museo da Cidade da Cultura, cun discurso que comeza no paleolítico, cunha agulla de oso da cova Eiros de Triacastela, e remata cunha pasarela con vestidos femininos e masculinos dos deseñadores galegos. Ao longo de 300 pezas de distintas épocas, centra a atención no téxtil galego que comezou a desenvolverse nos anos 50 do século pasado, recreando esta historia pinturas, obxectos e documentos. De ambas dúas visitas os viaxeiros quedaron moi satisfeitos.

Día 30 de xuño, xoves

entre 19 e 20h.

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Anotacións para o roteiro do día 9 de xullo polas terras de Castroverde e para a viaxe dos días 19 e 20 de xullo a Oviedo.

Día 30 de xuño, xoves

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de Carlos Amoedo Souto (catedrático de dereito administrativo da UDC, e Teresa Nieto Freire, arquitecta da Consellaría de Cultura.

"A protección xurídica do Camiño"

 

Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para o roteiro do día 9 de xullo polas terras de Castroverde e para a viaxe dos días 19 e 20 de xullo a Oviedo.

Día 25 de xuño, sábado

ás 9 horas

 

Viaxe a Santiago de Compostela para ver o novo Museo das Peregrinacións e a Exposición Con fío en Galicia, dedicada á evolución da moda galega montada na Cidade da Cultura. Xantar no Dezaseis.

O 15 de xuño e por iniciativa de Lugo Patrimonio, no salón de actos da Deputación recordáronse os inicios, facía 30 anos, coincidindo coa construción dos aparcadoiros subterráneos, das escavacións arqueolóxicas na capital lucense, previas ás intervencións no casco histórico e a súa zona de influencia. O presidente da asociación Adolfo de Abel Vilela, no inicio das escavacións exercía como delegado provincial de Cultura. Interviñeron o exalcalde Vicente Quiroga, a arqueóloga municipal Covadonga Carreño e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo; moderou Branca Rodríguez Pazos, vicepresidenta da asociación.
Abel Vilela fixo unha exposición da situación precaria en que estaba a delegación provincial da Consellería de Cultura, sen arqueólogo e sen lexislación autonómica, estando recentemente aprobada a lei de Patrimonio estatal, sen desenvolver, que era a que se trataba de aplicar. Explicou que se dictáronse unhas normas de acordo co Concello que obrigaba a facer escavacións en área, catas e prospeccións, segundo os casos. Relatei como un coñecido avogado lucense, que quería construír unha casa na rúa de San Froilán, insultoume no meu despacho porque tiña que facer catas no lugar onde se tiñan que ir as zapatas.
Ao ver que aparecían restos arqueolóxicos, o entón alcalde, Quiroga, chamou a un arqueólogo de Milán, Mario Mirabella Roberti, que certificou que os achados tiñan importancia. Arqueólogos da Universidade de Santiago fixeron catas durante sete meses na Praza da Constitución. Pero como pasaba o tempo e a empresa Dragados y Construcciones tiña que comezar as obras, o concelleiro de Tráfico, Alfredo Mosteirín Castañer, deu orde a unha escavadora que comezase o seu traballo, sendo arrasado un mosaico o que provocou que os arqueólogos en sinal de protesta se negasen a realizar as escavacións.
Carreño pola súa banda, explicou que nunha reunión celebrada en Santiago, Mosteirín pediu aos arqueólogos galegos que se fixesen cargo das escavacións e, como non quixeron, ofreceuse Antonio Rodríguez Colmenero, naquel momento profesor na Universidade de Oviedo que escavaba no campamento militar de Bande (Ourense).

Día 15 de xuño, mércores

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Mesa Redonda con motivo dos 30 anos de escavacións en Lugo.

Participantes: Vicente Quiroga Rodríguez (exalcalde de Lugo), Covadonga Carreño Gascón (arquóloga do Grupo Larouco), Ernesto Sánchez Pombo (xornalista) e Adolfo de Abel Vilela (exdelegado provincial da Consellería de Cultura).

Día 11 de xuño, sábado

ás 10 horas

 

Roteiro polo Camiño Primitivo na cidade con Ricardo Polin e Adolfo de Abel.

O día 9 de xuño, tivo lugar a segunda conferencia do ciclo, titulada "O Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"; que estivo a cargo de Ricardo Gómez Polín, que correu co peso da conferencia como gran coñecedor e valedor do Camiño. e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica, que se dedicou a comentar os cambios sobre fotografías aéreas, algunha tamén cos perfiles para darse conta das dificultades do novo trazado.

Ao longo de dúas horas, Polín fixo unha introducción sobre o valor histórico, paisaxístico, arquitectónico e relixioso, para despois ir comentando os cambios introducidos pola administración autonómica, desde o concello de A Fonsagrada ata Melide, que non tivo en conta, en moitos casos, a pegada histórica, levando por sitios polos que nunca pasou, servindo a intereses de particulares, ou fuxindo dos problemas da apropiación do camiño por particulares.

Páxina 1 de 2

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Xoan Carmona, "Os indianos e a cuestión económica e industrial na Galicia do XIX". +

    Día 6 de xuño, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xoan Carmona, profesor do Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 24 de xuño, sábado, a Luarca e do 17 e 18 de xullo á Asturias indiana. +

    Día 6 de xuño, martes Salón de actos da Deputación Provincial   De 19 e 20 h. anotacións para a Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO