Imprimir ésta páxina
Mércores, 09 Decembro 2015 00:00

Moncho do Orzán

Ramón Rodríguez Palleiro, “Moncho do Orzán” (A Coruña, 1985)

Formouse no mundo da gaita da man dos mestres Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi vogal da Asociación de Gaiteiros nos anos 2004 e 2005. Antigo membro do quinteto Os Cataventos e do grupo folque Barallete.

Actualmente estuda o Grao Profesional de Acordeón. É corista, actor e arquiveiro de Cántigas da Terra. Tamén colabora musicando espectáculos coa Compañía Femme Fatale e co Grupo de Teatro da A.C. Alexandre Bóveda.

Investiga o pasado e o presente dos Coros Galegos, poñendo de relevancia a súa importancia dentro da cultura propia. Periodicamente escribe artigos de divulgación en xornais galegos e na revista A Xanela dentro da súa sección de folclore.