INICIO





AXENDA

Caderno de Viaxes



 

 


Asociarse
Descargar
cartón socios

 

  • Novidades
  • outras novas

06/09/2008: O DOMINGO, 7 DE SETEMBRO, ARDERÁN OUTRA VEZ AS FACHAS DE CASTELO

31/08/2008: LugoPatrimonio estivo presente nas festas da Cervela

28/08/20008: AS DANZAS DA CERVELA FORON PROTAGONISTAS NA CONFERENCIA DE ISIDORO RODRÍGUEZAS DANZAS DA CERVELA FORON PROTAGONISTAS NA CONFERENCIA DE ISIDORO RODRÍGUEZ

02/07/2008: A facha das Asociacións

26/07/2008: Con moita emoción e agrado fixemos homenaxe ao profesor  Xaime Delgado 

24/07/2008: Dispoñibles as fotos da viaxe a Viveiro

19/07/2008: A asociación AS FACHAS, de Castelo, homenaxea ao profesor D. Xaime Delgado Gómez 

14/07/2008: Rematou o Ciclo da Auga no mar de Viveiro 

07/07/2008: As fotos do relator (Francisto L. Rguez. Guerreiro)

04/07/2008: As ondas historiadas de Rodríguez Guerreiro

02/07/2008: Cos actos dos días 3 e 12 de xullo rematará o ciclo dedicado á Auga 

02/07/2008: O Planeta dos Simios

27/06/2008: NEN O ALCALDE DE CERVO NEN O DELEGADO DE CULTURA SE COMPROMETERON A SOLUCIONAR A DESTRUCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA. 

23/06/2008: Mesa Redonda: O Castro da Atalaia

17/06/2008: Dispoñibles as fotos da viaxe a Belesar

16/06/2008: Novos RAMOS e PAULIÑAS

16/06/2008: coa viaxe a Belesar e arredores remata a primeira parte do Ciclo da Auga dedicado ás augas dos ríos

10/06/2008: XOSÉ MANUEL VÁZQUEZ FALOU DO PATRIMONIO FLUVIAL 

04/06/2008: MARIÑO FERRO ENTUSIASMOU COAS SÚAS PROXECCIÓNS E RELATORIO SOBRE OS USOS E RITOS DA AUGA 

30/05/2008: PRESENTACIÓN Á PRENSA DOS ACTOS SOBRE O CICLO DA AUGA 

14/05/2008: María Castaña celebrou os maios o día 11 con cantigas e bailes polas rúas de Lugo

08/05/2008: LugoPatrimonio e a Agrupación MARÍA CASTAÑA festexarán Os Maios o sábado, 10 e o domingo, 11

06/05/2008: LugoPatrimonio asina  o Manifesto POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

02/05/2008: Presentacións sobre o castro da Atalaia

30/04/2008: O CERAMISTA MANUEL MIRANDA FIXO UN RELATORIO SOBRE A DESTRUCCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA

29/04/2008: A DESTRUCIÓN DO NOSO PATRIMONIO: O CASO DO CASTRO DA ATALAIA 

21/04/2008: ISIDORO RODRÍGUEZ CONSEGUIU, NA SÚA CONFERENCIA QUE VIVÍSEMOS OS MAIOS 

17/04/2008: ISIDORO RODRÍGUEZ, INICIA O LUNS, 21 DE ABRIL OS ACTOS SOBRE OS “MAIOS” 

15/04/2008: ROLDA DE PRENSA PARA DENUNCIAR A DESTRUCIÓN DUNHA PARTE DO CASTRO DA ATALAIA (SAN CIBRAO-CERVO)

11/04/2008: LugoPatrimonio reuniuse coas asociacións culturais que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial

06/04/2008: REMATOU O OBRADOIRO “COÑECER O BARROCO”

04/04/2008:Comezo da última parte do ciclo "Coñecer o Barroco"

12/03/2008: Entrega do disfrace do Oso de Salcedo ao museo de Binche

8/03/2008: Pauliña para a Igrexa de Compostela

8/03/2008: Viaxe a Santiago de Compostela

7/03/2008: Inauguración do Obradoiro e conferencias de Carlos Velasco e Xosé Anxo Carreira

6/03/2008: Comezo do Obradoiro "COÑECER O BARROCO"

27/02/08: ANDAR AOS NIÑOS

15/02/08: PRESENTADA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA QUE O RITO FESTIVO DE “AS FACHAS DE CASTELO” SEXA DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

13/02/08: Engadidas fotos do Entroido Ribeirao 2008 no Caderno de Viaxes

12/02/08: Engadidas as fotos do Entroido de Salcedo 2008 no Caderno de Viaxes

04/02/08: OS NOSOS ENTROIDOS

25/01/08: Presentación do Entroido de Salcedo

24/01/08: Lugo, a mellor cidade do Mundo!!!

20/01/08: A Poutada do Oso

19:/01/08: Viaxe a Ourense

13/01/08: NADAL - REIS. CICLO FESTIVO

10/01/08: Itinerario da próxima viaxe: PASEOS POR OURENSE CO ESCRITOR MILLÁN PICOUTO 

10/01/08: ODA A OURENSE (Millán Picouto)

28/12/07: Entrevista de LugoPatrimonio cos Delegados das Consellarías de Cultura, Medio Rural e Industria-Turismo

18/12/07: Apertura da campaña LUGO: BONITO SI, PERO NON ASÍ

11/12/2007: NOVA DIRECTIVA DE LUGOPATRIMONIO E PRÓXIMOS PROXECTOS 

5/12/07: Proposta de criación da figura de "BEN RURAL DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO"

29/11/07: Actualizado o Caderno de Viaxes coas fotos da viaxe ao Courel

25/11/07: As graves feridas da muralla

20/11/07: Pauliña para a confederación hidrográfica

12/11/07: LugoPatrimonio pide un plan xeral para o Courel

11/11/07: Viaxe ao Courel

8/11/07: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE LUGOPATRIMONIO

27/10/07: Viaxe Pazos con historia, arte e literatura

26/10/07: A vida nos pazos galegos

25/10/07: A arquitectura dos nosos pazos

19/10/07: Galiza no tempo dos pazos

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O 2008 
 

Setembro

Día 7, domingo. Festa das Fachas en Castelo (Taboada). Os asociados e asociadas de LugoPatrimonio desprazaranse en coches particulares. 

Día 23, martes, ás 20 h., na Deputación provincial: conferencia do profesor Luís Martínez-Risco Daviña sobre: Xentes e paisaxes na obra de Curros. 

Día 28, domingo (saída 8 h.). “Seguindo as pegadas de Curros”: viaxe a Celanova, Vilanova dos Infantes, Allariz e Santa Mariña de Augas Santas, baixo textos do poeta.  

Os viaxeiros e viaxeiras serán agasallados cun libro de Curros Enríquez co obxecto de que lean o poema “A virxe do Cristal”, cuxo texto dá lugar a visitar os lugares nel poetizados. 

Prazas limitadas a 50. Anotacións baixo os criterios de sempre (preferencia de asociados sobre non asociados, determinación das prazas por orde de apuntamento, lista de espera): día 22, luns, entre 18 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas. Día 23, martes, antes da conferencia, entre 18,30 e 20 h. para asociados e non asociados. 

Outubro

Día 14, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia de Felipe-Senén López sobre O Ribeiro no outono: paisaxe e cultura. 

Día 18, sábado, 8 h. (saída): viaxe ao Ribeiro con Felipe-Senén, para ver Ribadavia, San Xes de Francelos, San Clodio, Leiro, Serantes e os viñedos en todo o seu esplendor dourado. 

Prazas limitadas a 80. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a O Ribeiro, día 13, luns, entre 18 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas; e día da conferencia, 14, entre 18,30 e 20 h. na Deputación provincial, para asociados e non asociados. 

Día 30, xoves, 20 h. Deputación provincial: conferencia sobre San Martiño de Mondoñedo, O son das pedras, unha relación entre a música e a arquitectura, que pronunciará o profesor Pedro Cabarcos Quintela. 
 
 
 

Novembro

Día 3, luns, 20 h. Salón de actos da Caixa Galicia (Praza de Santa María): mesa redonda sobre A arte da rehabilitación: San Martiño de Mondoñedo, con Blanca Besteiro (restauradora), José I. López de Rego (arquitecto), e Xosé López Fernández, (aparellador) 

Día 8, sábado (saída 8 h.): viaxe a San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, con visitas guiadas á igrexa de San Martiño pola mañá,  e paseos pola cidade de Mondoñedo e, no seu caso, de Vilanova de Lourenzá, pola tarde. 

Prazas limitadas a 100. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a Mondoñedo, día 29 de outubro, mércores, entre 18,30 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas; e día 30 de outubro, xoves, entre 18,30 e 20 h. na Deputación Provincial, para asociados e non asociados. 
 
 

Decembro: Coñecer as nosas cidades

Día 11, xoves, na Deputación provincial, 20 h.: conferencia do escritor Xosé Vázquez Pintor sobre: Pontevedera: a mirada do boi

Día 21, domingo, (saída 8 h.): viaxe a Pontevedra baixo a guía de Vázquez Pintor (cidade, mar e museos).

Prazas limitadas a 80. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a Pontevedra, día 11, xoves, entre 18,30 e 20 h. na Deputación, para asociados e asociadas; e día 15, luns, na galería Sargadelos, entre 18 e 20 h. para asociados e non asociados. 

Lugo, setembro de 2008

A Xunta Directiva

 

 

 

 

foto grupo

Un xornal puxo nas páxinas da edición do domingo día 6 de abril  unha foto da visita que fixemos o sábado á igrexa de Santo Domingo de Lugo, escribindo no pé da mesma que eramos 30 persoas as que asistimos. Esta foto que aquí vedes mostra só a maior parte dos que realmente asistimos, pois máis de quince xa se tiñan marchado por diversos compromisos. Parece que o grupo supera aos trinta, non si? É unha mágoa que os medios de comunicación non falen, polo menos, cos verdadeiros protagonistas cando queren informar dun suceso. Pero agradecemos tamén que o xornal se interesase por nós, cousa que aplaudimos unha vez máis.

 

MANIFESTO

AS FACHAS DE CASTELO: BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

 

 

Lugopatrimonio@lugopatrimonio.org


Visitas desde o 18/04/2008:

hidden hit counter


 

 

 

 

06 de Setembro: O DOMINGO, 7 DE SETEMBRO, ARDERÁN OUTRA VEZ AS FACHAS DE CASTELO

            LugoPatrimonio desprazarase en coches particulares para asistir tamén ao programa e festa que organiza a Asociación das Fachas de Castelo.

            Arredor das 21 h. actuará un grupo de folk. Pouco despois comezará a cea e ao rematar, sobre as 22 ou 22,30 prenderáselle lume ás fachas que durante a tarde serán espetadas na coroa do Castro. Gozaremos, pois, deste rito que se perde na nosa historia e se relaciona coa cultura popular dos nosos castros, e agardamos que nun prazo breve de tempo a festa sexa declarada FESTA DE INTERESE TURÍSTICO e BEN DE INTERESE CULTURAL

 

31 de Agosto: LugoPatrimonio estivo presente nas festas da Cervela.

Podes ver as fotos en: http://picasaweb.google.es/lugopatrimonio/2008_08DanzasDaCervela#

28 de Agosto: AS DANZAS DA CERVELA FORON PROTAGONISTAS NA CONFERENCIA DE ISIDORO RODRÍGUEZ 

Isidoro Rodríguez, presidente do colectivo María Castaña, introuduciunos na súa conferencia do día 26 de agosto nunha viaxe pola danza e baile de Galiza a partir das súas orixes. Foinos levando no tempo histórico para que comprendésemos mellor a importancia de que se siga matendo esta esta xoia da nosa personalidade cultural: as danzas da Cervela. Son as únicas deste tipo que quedan na provincia e animounos a amalas, potencialas e enriquecelas para as próximas xeracións. O domingo, día 31 de agosto, LugoPatrimonio representado por unha morea de asociados e asociadas, estará na Cervela para presenciar o rito, o que nos deixaron, para que o celebremos, os nosos devanceiros.

 

 

2 de Agosto: A facha das Asociacións.

Asociados e asociadas de LugoPatrimonio, Entroido Ribeirao, As Fachas, Salcedo… asistimos o pasado día 2 de agosto a Castelo-Taboada para seguir desde o inicio o rito que dá lugar á construción dunha facha.

Desde a recollida dos agucios no monte, até o seu traslado á aira de Felix, onde, agucio a agucio, fomos fiando esa alta e firme columna que arderá o próximo día 7 de setembro no castro de Castelo. O día foi produtivo, e os anfitrións, de luxo.

 

 

26 de Xullo: Con moita emoción e agrado fixemos homenaxe ao profesor  Xaime Delgado 

Primeiro foi o ritual da misa, importante para o cura Xaime (así de familiar o dicimos), pois celebraba tamén o seu cincuenta aniversario como tal. Desde o adro da igrexa de Castelo (Taboada), ateigado de xente, ouviamos o seu fermoso discurso de agradecemento. Gustounos que o seu bispo o acompañase, pois pasa que ás veces non sexan precisamente os da casa quen nos festexen.

E despois o xantar, baixo a carpa enorme que Manolo Fidalgo e Félix Vázquez prepararon. Eles eran os ramistas, os representantes da asociación As Fachas, a anfitrioa principal do acto. Resultaba moi grato sentir a calor popular dos viciños e viciñas de Castelo, mais tamén de Lugo (LugoPatrimonio), Ourense, A Coruña ou Vigo. E asimesmo que as institucións formasen parte dunha homenaxe a un home que realmente nos mostraba na súa persoa o estudo e a investigación sobre aspectos importantísimos das nosas raíces galegas. Alí estaban, pois, ademais das Asociacións de base, o bispo de Lugo, o alcalde de Taboada, a delegada da Vicepresidencia da Xunta, deputado do Parlamento galego e mesmo viciños de Xaime Delgado.

Xaime Delgado fixo outro sentido e popular discurso na sobremesa, e recolleu os agasallos. A D. Xaime Delgado Gómez, en homenaxe. Pola súa humildade e sabedoría; por mostrarnos os secretos e a riqueza das nosas raíces. Coa alegría e satisfacción de celebrar con el este recoñecemento. Castelo-Taboada, a 26 de xullo do 2008. Este era o texto da placa dos viciños.

E nós celebramos así o maxisterio do profesor, as conferencias e guías que introduciu en LugoPatrimonio, os seus libros profundos nos que aboia todo aquilo que tiñamos agochado, tanto artigo e estudo sobre o noso patrimonio... Que dentro de 300 anos, a carpa de Castelo sexa como un campo de fútbol ateigado de mozos e mozas da zona para render homenaxe a aqueles e aquelas que han facer realidade este desexo. Chin-chin. 

 

24 de Xullo: Dispoñibles as fotos da viaxe a Viveiro

 

19 de Xullo: A asociación AS FACHAS, de Castelo, homenaxea ao profesor D. Xaime Delgado Gómez 

O próximo 26 de xullo, Castelo, a parroquia onde naceu o noso admirado D. Xaime Delgado que nos acompañou tantas veces nos nosos itinerarios, faille unha merecida homenaxe. Castelo está representada, desta vez, pola súa Asociación, As Fachas, que tamén gozou sempre da axuda de D. Xaime. A súa biografía é ben ampla e rica, e nela, estas terras montañesas que baña o Miño polos fondais, con Castelo ou Temes sempre destacados, sobrancean a curiosidade científica e detallada do historiador e arqueólogo.

LugoPatrimonio únese a esta homenaxe, que comezará o día sinalado ás 13 h. na igrexa de Castelo e ás 14 h. nunha carpa onde se realizará o xantar. Os que queiran anotarse teñen de prazo até o día 20 deste mes, chamando ao telefone 676 800 227. 

 

14 de Xullo: Rematou o Ciclo da Auga no mar de Viveiro 

Estivo animada a viaxe a Viveiro coa que LugoPatrimonio deu por finalizado o Ciclo dedicado á auga. Desta vez tocoulle a quenda ao mar. Viaxe comentada polos cumios da Gañidoira, un pouco asustados por mor do número impresionante deses muíños fantasma que danan os nosos ollos. Había que racionalizar este ferinte bosque metálico. Mais a dozura veu coa paisaxe húmida e íntima de Viveiro desde San Roque: a cidade aos nosos pés, as illas Gabeira, Insua e Coelleira entre os grises das nubes a confundirse co mar calmo. A viaxe no barco, deica máis aló da Coelleira, fortaleceunos en ar e escumas, co señor Antonio explicándonos os naufraxios que o castigaron. Emocionado paseo polo barrio mariñeiro de Celeiro que rompeu a idea pobre que tiñamos del.  Despois o xantar na Abrela: mexillóns, berberechos, sardiñas, chicharros lañados, lacón… e un viño tenro que nos fixo cantar máis de unha hora dirixidos pola alegría de Lupe Cruz. Paseo singular pola cidade, baixo o maxisterio do profesor Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, que coñece ben cada recuncho secreto de Viveiro. Ante a Fonte da Area, coa tamén profesora Ana María Villarino, leunos un fermoso texto do escritor Lois Tobío contando a historia desta fonte. E final, xa co sol debilitado, na praza Maior, baixo o dominio ben gañado de Pastor Díaz. Unímonos á petición de Francisco Luís Guerreiro para que se faga de unha das fábricas de salgado que queda en Celeiro un Centro de Interpretación que nos achegue á súa historia. Os viaxeiros e viaxeiras ben o merecemos. E o pobo mariñeiro,  por suposto. 

 

07 de xullo: As fotos do relator (Francisco L. Rguez. Guerreiro)

Preme en cada foto para vela en grande nunha nova ventá.

 

04 de Xullo: As ondas historiadas de Rodríguez Guerreiro  

O profesor Francisco L. Rodríguez Guerreiro introduciunos onte nas augas azuis do mar dos seus estudos e recordos. Unha conferencia de múltiple colorido, na que entrou de forma amplia nos seus aspectos variados: usos económicos, lendas, historias de afogados e até na música e literatura que o mar galego produciu ao longo dos séculos. E, como sempre, as fotos seleccionadas arredondaron de xeito artístico a súa exposición. O próximo día 12 de xullo completará o percorrido  no propio espazo físico do mar de Viveiro. 

conferencia Rodríguez Guerreiro

 

2 de Xullo: Cos actos dos días 3 e 12 de xullo rematará o ciclo dedicado á Auga 

     O día 3, ás 20 h. e no salón de actos da Deputación Provincial, Francisco L. Rodríguez Guerreiro falará sobre Arte, usos e cultura popular arredor do mar. Apoiará a súa disertación con fotos e dvd relacionados co tema. De 19 a 20 h. continuará o prazo para anotarse á viaxe a Viveiro.

viveiro

     Francisco Luís Rguez. Guerreiro é de Celeiro, un dos portos pesqueiros, xunto con Burela, de máis empuxe  na Mariña luguesa. A súa exposición, apoiada con  imaxes fotográficas, xirará arredor do mar, traendo até Lugo o cheiro a brea e a piche das embarcacións sobordadas, o ambiente das chabolas onde se fundía o chumbo e as redeiras cosían os aparellos e tamén o arrecendo das moitas fábricas e fabriquíns coas traballadoras  puxando polos carros de grellas,  preparando as cabezudas para os píos do arenque, apostando a cabala, o mucareu, o bonito ou o que cadrase…Arredor do mar tamén xiran os muiños de maré para proveito dalgún muiñeiro e aíndan fican restos de torres fortalezas que algún día defenderon a beiramar. E tamén nestas augas salgadas obrou Gonzalo o milagre da balea de San Cibrao segundo nos conta Cunqueiro…

viveiro2

     Unha intervención arredor do mar que pretende convidar á viaxe que LugoPatrimonio organiza ás Terras de Viveiro o vindeiro día 12 de xullo. 

     O día 12 de xullo sairemos ás 8 h. de diante do instituto Lucus Augusti para Viveiro, onde subiremos ao monte de San Roque, daremos unha volta longa pola ría nun barco pesqueiro, xantaremos na praia da Abrela a base de produtos do mar, pasearemos polos recunchos, estreitas canellas e lugares característicos desta fermosa cidade, andaremos polo Celeiro mariñeiro e acabaremos o día visitando o museo do Mar e coñecendo o castro da Atalaia de San Cibrao.

viveiro3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


lugopatrimonio@lugopatrimonio.org

O  

 

 

6