PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O 2008
Setembro
Día 7, domingo. Festa das Fachas en Castelo (Taboada). Os asociados e asociadas de LugoPatrimonio desprazaranse en coches particulares.
Día 23, martes, ás 20 h., na Deputación provincial: conferencia do profesor Luís Martínez-Risco Daviña sobre: Xentes e paisaxes na obra de Curros.
Día 28, domingo (saída 8 h.). “Seguindo as pegadas de Curros”: viaxe a Celanova, Vilanova dos Infantes, Allariz e Santa Mariña de Augas Santas, baixo textos do poeta.
Os viaxeiros e viaxeiras serán agasallados cun libro de Curros Enríquez co obxecto de que lean o poema “A virxe do Cristal”, cuxo texto dá lugar a visitar os lugares nel poetizados.
Prazas limitadas a 50. Anotacións baixo os criterios de sempre (preferencia de asociados sobre non asociados, determinación das prazas por orde de apuntamento, lista de espera): día 22, luns, entre 18 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas. Día 23, martes, antes da conferencia, entre 18,30 e 20 h. para asociados e non asociados.
Outubro
Día 14, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia de Felipe-Senén López sobre O Ribeiro no outono: paisaxe e cultura.
Día 18, sábado, 8 h. (saída): viaxe ao Ribeiro con Felipe-Senén, para ver Ribadavia, San Xes de Francelos, San Clodio, Leiro, Serantes e os viñedos en todo o seu esplendor dourado.
Prazas limitadas a 80. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a O Ribeiro, día 13, luns, entre 18 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas; e día da conferencia, 14, entre 18,30 e 20 h. na Deputación provincial, para asociados e non asociados.
Día 30, xoves, 20 h. Deputación provincial: conferencia sobre San Martiño de Mondoñedo, O son das pedras, unha relación entre a música e a arquitectura, que pronunciará o profesor Pedro Cabarcos Quintela.
Novembro
Día 3, luns, 20 h. Salón de actos da Caixa Galicia (Praza de Santa María): mesa redonda sobre A arte da rehabilitación: San Martiño de Mondoñedo, con Blanca Besteiro (restauradora), José I. López de Rego (arquitecto), e Xosé López Fernández, (aparellador)
Día 8, sábado (saída 8 h.): viaxe a San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, con visitas guiadas á igrexa de San Martiño pola mañá, e paseos pola cidade de Mondoñedo e, no seu caso, de Vilanova de Lourenzá, pola tarde.
Prazas limitadas a 100. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a Mondoñedo, día 29 de outubro, mércores, entre 18,30 e 20 h. na Galería Sargadelos, para asociados e asociadas; e día 30 de outubro, xoves, entre 18,30 e 20 h. na Deputación Provincial, para asociados e non asociados.
Decembro: Coñecer as nosas cidades
Día 11, xoves, na Deputación provincial, 20 h.: conferencia do escritor Xosé Vázquez Pintor sobre: Pontevedera: a mirada do boi
Día 21, domingo, (saída 8 h.): viaxe a Pontevedra baixo a guía de Vázquez Pintor (cidade, mar e museos).
Prazas limitadas a 80. Para a selección das mesmas seguiranse os criterios de sempre. Anotacións para a viaxe a Pontevedra, día 11, xoves, entre 18,30 e 20 h. na Deputación, para asociados e asociadas; e día 15, luns, na galería Sargadelos, entre 18 e 20 h. para asociados e non asociados.
Lugo, setembro de 2008
A Xunta Directiva