|
|


  
|
|
|
Obxectivos
Son
fins principais da asociación:
a.-Defensa,
promoción e uso do idioma galego no camiño da súa
normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada
polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión
propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
b.- Defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu
sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo.
c.- Promoción e realización de actividades de todo tipo
encamiñadas á súa divulgación e xeral coñecemento.
d.- Edición e propagación de traballos que o popularicen.
e.- Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia
e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.
LugoPatrimonio, amais do seu carácter reivindicativo, ten
tamén como fins a busca de solucións e proxectos que axuden
a resolver o deterioro, esquezo ou silenciamento do noso patrimonio.
Criterios xerais de actuación
Ao ter carácter provincial, LugoPatrimonio realizará actos
por toda a provincia en colaboración, sempre, coas entidades locais,
de tipo cultural, de defensa do patrimonio ou calquera outro, que estexan
interesadas na difusión e conservación do noso patrimonio.
As Viaxes programadas por LugoPatrimonio serán presentadas polos
guías que as dirixan nun acto público anterior á
propia viaxe, no que se dará a coñecer o itinerario e os
puntos e monumentos a visitar.
lugopatrimonio@telefonica.net
|
O |
|

|
 |